Thursday 25 de April de 2024

Graduación por todo o alto dos alumnos e alumnas da promoción 2014 – 2016 do IES Nº1 de Ordes


120 alumnos e alumnas de segundo curso de bacharelato do IES Nº1 de Ordes da promoción 2014 – 2016 celebraron recentemente a súa festa de graduación por todo o alto. O acto de entrega das orlas e dos seus títulos tivo lugar na casa da cultura de Ordes, espazo onde se deron cita familiares, amigos e profesores que quixeron así arroupar aos estudantes nun momento tan importante. Paralelamente tamén se entregou o V Premio de Poesía Carme Villaverde, organizado polo mesmo instituto e que este ano recaeu en Alba Carnota Amor, de 13 anos e estudante de segundo de ESO no CPI Ponte Carreira.